Ourense Cidade

O Concello abre o prazo para que as familias soliciten acoller nenos e nenas saharauís

A convocatoria remata o mércores, 17 de abril, e as solicitudes deben facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou a través da sede electrónica. O único requisito e estar empadroado e vivir na cidada

ondacero.es

Ourense |

Nenos saharauies | Galiciae

O Concello de Ourense abre, até o 17 de abril, a convocatoria para que as familias ourensás poidan anotarse no programa 'Vacacións en paz' de acollida a nenos e nenas saharauís, de entre 8 e 12 anos de idade, que viven nos campamentos de refuxiados do Tinduf. A iniciativa naceu en 1996, dando lugar á colaboración entre o Concello de Ourense e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

O obxectivo principal deste programa, que se desenvolve entre os meses de xullo e agosto, é o de evitarlles que permanezan no deserto nos meses de máis calor, que en ocasións superan os 50º á sombra, así como darlles a coñecer unha nova cultura, un novo idioma e uns novos costumes promovendo a súa participación en actividades de lecer e tempo libre que reforcen as relacións con outros menores residentes na cidade. Así mesmo, búscase favorecer o desenvolvemento físico saudable, a través de revisións médicas, moi necesario dado a contorna de condicións extremas no que viven.

Os beneficios que obteñen os nenos acollidos son numerosos: A súa saúde mellora, a súa vitalidade tamén. Poden gozar dun clima máis benigno, dunha mellor alimentación, non limitada polas condicións extremas do deserto, establecen relacións de amizade con nenos ourensáns e fortes vínculos coas familias de acollida, que en moitos casos mantivéronse no tempo.

A selección dos nenos e nenas participantes corre a cargo do propio pobo saharauí, a través dun departamento creado para tal fin. Os criterios de selección baséanse en que saquen boas notas, sexan fillos de mártir da guerra e/ou que teñan problemas de saúde que haxa que tratar.

En 2019 déixase aberto o número de nenos, dependendo da demanda de familias de acollida desde a primeira semana de xullo até a primeira semana de setembro. Como todos os anos dispoñerán de asistencia médica gratuíta grazas a un convenio co SERGAS.

O sistema de acollida é sinxelo: Os interesados en acoller a estes menores, que non teñen por que ser familias con fillos, deberán estar empadroadas e residir no municipio de Ourense. A solicitude realízase no Rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica, dirixida á Concellería de Asuntos Sociais: Programa de Inmigrantes e Emigrantes Retornados. Farase un informe de idoneidade, previa visita domiciliaria e charla informativa por parte da Traballadora Social do devandito Programa. O prazo de solicitude remata o mércores, 17 de de abril de 2019.

Finalmente, as familias acolledoras admitidas recibirán unha charla formativa, a cargo da Asociación de Axuda ao Sáhara, onde lles informan do idioma, cultura, costumes dos menores e daranlles pautas para unha boa convivencia. Ademais, farase un seguimento da acollida: incidencias, tratamentos médicos, organízanse actividades de lecer e tempo libre, apóiase a estancia nas familias cun monitor saharauí.