A Concellería de Saúde organiza este verán obradoiros para embarazadas

Trátase de obradoiros ao aire libre de pilates e control de estrés, ioga, e actividades acuáticas.

ondacero.es

Ourense | 02.07.2014 13:18

Marga Martin
Marga Martin | Onda Cero

A concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, presentou xunto á coordinadora das actividades, Yolanda Colmenero, varios cursos en verán destinados a mulleres embarazadas, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da educación para a saúde nas xestantes. Trátase de obradoiros ao aire libre de pilates e control de estrés, ioga, e actividades acuáticas.O obxectivo principal das mesmas é mellorar a saúde física, psíquica e social das mulleres embarazadas, como primeiro paso para comezar a crear unha sociedade sana.

Todas as actividades, que xa teñen o período de inscrición aberto, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.O vínculo afectivo nai bebé comeza a formarse no embarazo, puidendo verse afectado por unha serie de factores interpersoais e ambientais (apoio social, presencia de estresores, etc.).

Os efectos máis coñecidos do estrés materno son o parto prematuro e o baixo peso ao nacer. Así mesmo, o estrés e a ansiedade durante o embarazo poden condicionar o desenvolvemento cognitivo, emocional e conductual dos fillos ata a idade adulta, incrementando o risco de que padezan trastornos emocionais de conducta ou hiperactividade.Marga Martín fixo balance da participación nestes cursos ao longo do que vai de ano.

“Máis de 100 mulleres participaron xa nas actividades acuáticas, e máis de 200 en ioga e pilates, só no que vai de ano. Agora, coa chegada do verán, podemos aproveitar o bo tempo para facer estas mesmas actividades ao aire libre, coas vantaxes que supón”. A concelleira salientou que “a nosa institución é pioneira e está á vangarda nas actividades ofrecidas a mulleres xestantes”.

Para máis información e inscricións, as interesadas poden chamar ao teléfono 988 510 622.