Emprego

Clausurado o obradoiro de emprego de Vilariño, Viana e A Gudiña

Executaron traballos silvícolas e forestais

Paco Sarria

Ourense |

Clausurado o obradoiro de emprego de Vilariño, Viana e A Gudiña
Clausurado o obradoiro de emprego de Vilariño, Viana e A Gudiña | onda cero ourense

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na clausura do obradoiro de emprego dual Portas de Galicia IV, unha iniciativa que recibiu unha achega de 412.000 euros por parte da Xunta e que aglutina os concellos de Vilariño de Conso, Viana do Bolo e A Gudiña. Alí, cualificou a acción de “exemplo de servizo público” por contribuír a cuestións centrais como poñer en valor e protexer o territorio a través da realización de labores silvícolas e forestais, ademais de traballos de recuperación de terreos queimados como os que o propio conselleiro puido visitar despois do acto institucional.

Na súa intervención, o titular de Emprego salientou que estes días se están a clausurar ata dez obradoiros que desenvolveron diversos traballos silvícolas e forestais na provincia de Ourense, unha circunstancia que considerou de relevancia pola incidencia de incendios nestas contornas e que —segundo destacou— terá continuidade en futuras edicións.