Servicios Sociais

Clausurada outra vivenda de maiores en Ourense por irregularidades

Política Social pechouna en Xinzo de Limia

Paco Sarria

Ourense |

Clausurada outra vivenda de maiores en Ourense por irregularidades
Clausurada outra vivenda de maiores en Ourense por irregularidades | la voz de galicia

A Xunta de Galicia pechou por diversas irregularidades unha vivenda comunitaria en Xinzo de Limia.

Unha inspección da Consellería de Política Social detectou que tiña máis internos dos permitidos, unha deficitaria atención ós usuarios e unha alimentación inaxeitada.

Trátase da vivenda comunitaria San Gabriel, na localidade de Cima de Ribeira e que tendo autorización para 10 internos tiña 15 aloxados, algúns dos que teñen un grao de deficiencia superior ó permitido para esas instalación.

É a segunda vivenda destas características pechada pola administración autonómica tra-la de “Jardín” en Amoeiro.