Sanidade

A CIG denuncia eiva na recén inaugurada UCI do Hospital de Ourense

frío e averías en lavabos entre outras

Paco Sarria

Ourense |

CHOU
Quejas del personal de Urgencias del CHUO | ONDA CERO

O sindicato Ciga ven de denunciar diversas eivas na UCI inaugurada hai un ano no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Sinalan uqe a temperatura dos boxes non se regula de xeito correcto. Que continúa habendo ruído de extracción que redunda no confort das persoas doentes e que tamén o personal de enfermeiría e celadores sofren a diario baixas temperaturas.

Engaden que existe unha demora moi alta na reparación de incidencias creadas no programa MANSIS e que o respirador do box 33 segue pendente de reparación.

A elo suman outros 6 avisos de reparación de grifos en lavabos entre outros.

De todo elo deron conta á Comisión de Centro que tratou os temas que seguen sen solución dende o 14 de outubro.