Chega ó xuicio por conducir sen permiso conducindo seu coche.
Un veciño de Cualedro de 43 anos ó que lle fora retirado o permiso de conducir por varios delictos contra a seguridade vial, presentouse ó xuicio conducindo seu coche, para sorpresa dos axentes do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín que agardaba para declarar na vista á porta do edificio xudicial.
Como consecuencia delo procederon a imputarlle un novo delicto e a inmovilizar o coche.
Trátase dunha persoa que ademáis de infrinxir en reiteradas ocasións o código de circulación, ten sete delictos por consumo de drogas no seu historial.
A garda civil lembra que a reincidencia está severamente castigada.