Carballiño bateuse a si mesmo con un novo record da tapa de pulpo máis grande do mundo para a que nesta ocasión foron precisos 600 kilos.
Foron 10 kilos máis que o ano pasado.
Unha tapa xigante da que sairon 1800 racións que foron repartidas entre os asistentes a un dos eventos que nos achega á celebración da Festa do Pulpo este domingo.
Xunto co pulpo, pan de Cea e viño do Ribeiro a sete euros a ración, quedándose os asistentes co prato como recordó.
Na elaboración participaron 40 pulpeiros e pulpeiras de Arcos que empregaron 10 minutos e 30 segundos.
Esta era a decimoquinta edición deste récord e na primeira soamente empregaron 100 kilos.
Nesta ocasión precisaron 8 kilos de sal, 54 litros de aceite e 3 kilos de pementón ademáis dun prato de de 5,37 metros de diámetro

