O BNG de Ourense presentou a súa campaña do 25N “Contra a violencia machista, máis servizos públicos. Máis feminismo”.
A deputada no Parlamento galego, Noa Presas subliñou a necesidade urxente de reforzar os servizos públicos e o feminismo como ferramentas imprescindibles para combater a violencia machista.
Engadíu que os nacionalistas queren poñer o acento nun problema grave por que a Xunta de Galicia “está privatizando todos os servizos que pode e que teñen que ver coa atención ás víctimas da violencia de xénero”.

