O BNG no Parlamento de Galicia pide a implicación da Xunta para a pronta reapertura da praza de abastos número 1.
Entenden necesario que a administración autonómica impulse accións nesa liña, mellore a accesibilidade, o acondicionamento comercial exterior e a urbanización da contorna conforme ó proxectado no seu día.
Considera o parlamentario ourensán Iago Tabarés que a “incapacidade para a xestión dos recursos públicos por parte do concello de Ourense non pode seguir perxudicando o desenvolvemento económico e social da cidade e bisbarra, privando ós cidadáns de espazos públicos”.

