Municipal

O BNG faise eco das queixas veciñais polas novas liñas de bus de Ourense

Nin puntualidade nin conectividade, din os nacionalistas

Paco Sarria

Ourense |

O BNG faise eco das queixas veciñais polas novas liñas de bus de Ourense
O BNG faise eco das queixas veciñais polas novas liñas de bus de Ourense | onda cero ourense

Nin puntualidade nin mellor conectividade.

Así resume o grupo municipal do BNG a posta en funcionamento do novo mapa de liñas deseñado polo Alcalde.

Os nacionalistas consideran que este novo deseño soamente está xerando incertidume por falla tamén de información, provocando caos e indignación.

Para o nacionalista Luis Seara é un rotundo fracaso como o demostran as continuas modificacións levadas a efecto dende o pasado martes.

Queren dende o Bloque ser correa de transmisión das queixas que lles están chegando dos cidadáns.