O deputado autonómico do Bloque Nacionalista Galego por Ourense, Iago Tabarés, denunciou que a Xunta de Galicia cedeu gratuitamente o Centro Integral de Loita contra o Lume en Toén, onde adestran bombeiros, para xogos privados de combate nos que foron empregados aparellos de ar comprimido e de bolas de pintura.
O deputado nacionalista di que se trata dun uso ilexítimo dunhas instalacións públicas. Lembra que nestas instalacións destiñadas á formación, foron investidos 4 millóns de euros de fondos comunitarios.
Asemade critica que que se evite informar da identidade das entidades beneficiarias nin do número de ocasións en que se fixo.

