Saúde

O BNG denuncia a falla de logopedas na Área Sanitaria de Ourense

En Ourense soamente hai unha de esa categoría

Paco Sarria

Ourense |

O BNG denuncia a falla de logopedas na Área Sanitaria de Ourense
O BNG denuncia a falla de logopedas na Área Sanitaria de Ourense | onda cero ourense

O BNG urxíu no Parlamento de Galicia a cobertura urxente das prazas de logopedia da Área Sanitaria de Ourense.

Os nacionalistas fanse así eco das reivindicacións do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia quenes aseguran que o servizo ofrecido dende os hospitais non da resposta á demanda real nin as necesidades de todas e todos os galegos.

No caso da Área Sanitaria de Ourense o propio órgano colexial fixo denuncia de que só hai unha soa profesional desta categoría sendo a nosa a peor situación da comunidade neste ámbito.