Segue aberto o debate derivado da vaga de lumes de agosto.
A voceira nacional do BNG repetía visita onte en Ourense achegándose á bisbarra valdeorresa onde propuxo aumentar as axudas polos lumes ós 200 mil euros para vivendas e abrir unha nova liña para autónomos e cooperativas de 6 mil euros, incluíndo o lucro cesantecro cesante.
Tamén demanda da Xunta que achegue recursos para o vertedoiro clausurado de A Rúa e tamén para darlle unha solución de futuro.
Criticou asemade que o goberno do PP deixara o dispositivo de Ourense 11 puntos por baixo do recomendado polo grupo de expertos en 2019 e insistíu en pedir responsabilidades a Rueda pola neglixente xestión da vaga de incendios.

