Aurea Soto pide "responsabilidade" co novo Pxom a alerta da "sombra" do plan de 2003 que foi anulado

A concelleira de urbanismo do Concello Ourense, Áurea Soto asegurou hoxe que espera que o novo plan de urbanismo que mañá se someterá a aprobación inicial sexa un "proxecto colectivo" e de cidadáns "responsables". Soto agradeceu o respaldo que lle brindará o BNG e o calificou coma unha decisión "seria" e "responsable".

ondacero.es

Ourense | 07.11.2013 14:18

Aurea Soto defende o novo Pxom
A edil Aurea Soto rodeada dos técnicos do Pxom | Xesús Álvarez

A concelleira de urbanismo do Concello Ourense, Áurea Soto asegurou hoxe que espera que o novo plan de urbanismo que mañá se someterá a aprobación inicial sexa un "proxecto colectivo" e de cidadáns "responsables". Soto agradeceu o respaldo que lle brindará o BNG e o calificou coma unha decisión "seria" e "responsable". A edil socialista compareceu hoxe rodeada de documentos e técnicos agradecendo a labor de todo o equipo externo e municipal que fixo posible poder reconducir o urbanismo cara o interés xeral trala caída xudicial do plan aprobado polo PP. Neste senso lembrou que "en nengún concello de España houbo tantas reclamacións" coma no de Ourense e malias dificultades humáns preexistentes sacáronse en tempo record 80 informes e expedientes complexos que suman mais de 10.000 folios. Ademáis asegurou que o traballo dos técnicos permitiu aforrar 80 millóns de euros de reclamacions patrimoniais, atendéndose únicamente un caso de 2,5 millons de euros da empresa Proavia no barrio de A Ponte. Aurea Soto. A edil socialista advertiu que sobre o novo plan estará a "sombra" do anulado porque o concello ainda non está realmente concretado o dano ocasionado pola anulación do plan.