O lume dos fachós iluminará Castro Caldelas na noite do 19 de xaneiro
Na véspera de San Sebastián, Castro Caldelas acolle unha das súas celebracións máis ancestrais, a Festa dos Fachós, que dará comezo ao redor das 19:30 horas para prolongarse durante toda a noite. Con saída no Santuario dos Remedios, centos de fachós percorrerán en plena escuridade o Casco Histórico da vila, cun gran fachón de mínimo 30 metros que preside a procesión e se sitúa detrás da imaxe do santo feita tamén con palla.