Más de uno Ourense

Manuel Pardo salienta que haberá un novo Hospital Materno

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, salientou en Onda Cero Ourense que a administración autonómica está investindo máis de 52 millóns de euros no novo Complexo Hospitalario que contará con un novo hospital materno-infantil.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Pardo fixo estas declaracións á raíz da caída dun falso teito esta fin de semana, lembrando que se debeu a varios factores e que os técnicos avalían o desenvolvemento da actividade con normalidade. Asemade repasou as recentes visitas do Conselleiro de Cultura ó Carballiño e do Conselleiro de Emprego aunha alfareiría do Alto do Couso en Esgos.

Manuel Pardo nos estudios de Onda Cero Ourense
Manuel Pardo nos estudios de Onda Cero Ourense | xunta de galicia