23/09/2025

O voceiro municipal do BNG, Luis Seara, dixo en Onda Cero que non lle sorprende "a mala edicación" do Alcalde a raíz da expresión "vai á merda" que onte espetou a unha xornalista á porta do xulgado no que estaba citado como investigado por prevaricación e malversación.
Seara engadíu que agarda que este asunto se resolva canto antes e que non ocorra como o das gravacións. O edil nacionalista lembrou na entrevista a campaña de recollida de sinaturas que realizan entre os usuarios do transporte público salientando problemas de desconexión, masificación ou longos percorridos.
Seara abordou outros asuntos como a futura modificación de creto que o grupo de Democracia Ourensana levará a pleno ou a falla de funcionamento ata o de agora das cámaras de vixianza do casco vello.


