MAS DE UNO OURENSE

O grupo do PP no Concello de Ourense anuncia alegacións aos orzamentos

A voceira popular Ana Méndez pasou por "Más de Uno Ourense" para falar dos principais asuntos da actualidade municipal do Concello de Ourense onde discrepou da xestión de DO

Paco Sarria | Jesús Álvarez

Ourense |

A voceira municipal do PP no Concello de Ourense, Ana Méndez, dixo en "Más de Uno Ourense", de Onda Cero, que presentan alegacións a un proxecto de orzamentos de Democracia Ourensana que non comparte e que botan en falla "unha aposta polas entidades sociais" así como partidas destiñadas a infraestructuras.

Sobre as acusacións do resto da oposición que sostén que os populares teñen pactado co Alcalde o respaldo final ós orzamentos, Méndez dixo que a oposición é incapaz de aportar e por eso fan ese tipo de acusacións.

A voceira popular tamén abordou outros asuntos como o futuro do PXOM sinalando que si todo segue seu curso non será necesaria unha segunda exposición pública.