A apertura do Centro de Atención a Persoas Maiores con Discapacidade (CAPD) prevista para o 1 de abril dependerá de si hai alegacións, sinalou o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo en Más de Uno Ourense. Pardo tamén pedíu calma e tranquilidade á comunidade educativa e familiar do IES das Lagoas en relación co conflicto suscitado polas clases dunha docente e asegurou por outro lado que os 15 nenos e nenas afectados polo peche da gardeiría infantil A Casiña, de Cáritas, terán praza noutros centros públicos e privados, anque sinalou que outra cousa será que ocorrirá co personal que dependía da entidade xestora. Asemade dixo que a Xunta e as consellerías colaboran co Concello de Ourense e que a entrevista solicitada polo Alcalde está a xestionarse.