07/02/2025

Ana Méndez (PP):"A prioridade para nós son os asuntos sociais"

Ana Méndez, voceira do grupo municipal do PP no Concello de Ourense
  • 25:13 MIN

Ana Méndez (PP):"A prioridade para nós son os asuntos sociais"

Más de uno ourense

compartir
Ana Méndez (PP):"A prioridade para nós son os asuntos sociais"

A voceira do PP no Concello de Ourense dixo en Onda Cero que a prioridade para o grupo municipal do seu partido é a de mellorar os asuntos sociais e todo o relacionado con éste ámbito, polo que solicitan do pleno que as axudas ás entidades que desenvolven o seu labor social sexan solucionadas no primeiro trimestre do ano.

Méndez abordou en Más de Uno outros asuntos de actualidade como a posición do seu partido en relación coa posible apertura da discoteca Macao, na rúa Valle-Inclán ou sobre o anteproxecto de peonalización da praza de Concepción Arenal sobre a que dixo que a relación de este coa adxudicación do servicio municipal de augas pode implicar un custe engadido para os cidadáns.

Méndez tamén dixo, entroutros asuntos, que non son partidarios dun novo bono comercio do Concello nas condicións nas que foi emitido o anterior.