Un ano máis, a mostra de cinema itinerante AMAL en Ruta chegará ata o OUFF · Ourense Film Festival para aproximar aos espectadores do certame ás distintas realidades da sociedade árabe, en especial, daqueles grupos que se atopan en zonas de conflito, como o pobo palestino. A situación actual que vive Gaza é, de feito, protagonista do ciclo que este ano se presenta baixo o lema “Existir é resistir”. En total, serán cinco os títulos que pasen polo OUFF, catro longametraxes e un documental, todo eles representativos do mellor cinema euroárabe actual. The Old Oak, do recoñecido director Ken Loach, inaugurará o ciclo no Teatro Principal, mentres que as demais películas poderán verse no Cineclube Padre Feijoo en sesións matutinas, como unha nova aposta do OUFF por levar as proxeccións a outras franxas horarias.
Amal en Ruta volve ó Ourense Film Festival
As películas poderán verse no Principal e no Padre Feijoo

