Tribunais

O Alcalde de Verin xulgado por prevaricación na Audiencia de Ourense

Está acusado tamén dun delicto contra a ordenación do territorio

Paco Sarria

Ourense |

O Alcalde de Verin xulgado por prevaricación na Audiencia de Ourense
O Alcalde de Verin xulgado por prevaricación na Audiencia de Ourense | La Region

O Alcalde de Verin, Gerardo Seoane, séntase hoxe no banquiño da Audiencia Provincial de Ourense acusado dun delicto contra o patrimonio e outro de prevaricación urbanística polos que a fiscalía pide ó socialista 6 anos de cárcere e 12 de inhabilitación para exercer cargo público.

O acusado declárase inocente asegurando que non demoleu casa algunha a carón da igrexa de San Bartolomé en Queirugás, senón que foi causa dun talud que comezou a desmoronarse pola chuvia.

Pola sua parte o Ministerio Fiscal sostén que Seoane non presentou o correspondente proxecto técnico e que non contaba con autorización da Consellería de Cultura.

O rexidor verinés declarou que “aquí se vai polo Alcalde e non pola legalidade”.