Municipal

Activadas dende hoxe cámaras, radares e novas liñas de bus con incertidume

8 novos radares nas entradas e saídas da cidade

Paco Sarria

Ourense |

Cámaras de video vigilancia
Cámaras de video vigilancia | onda cero

Dende hoxe están activadas cámaras e radares en 8 puntos que se corresponden con entradas e saídas da cidade.

A medida chega con tres anos de retraso e faise coincidir coa Semana da Mobilidade, pero se descoñece si xa comezan a multar ou solo a avisar.

Os socialistas din estar sorprendidos pola falla de información ó respecto.

Pero é que ademáis comezaron a funcionar as novas liñas de autobús, reducidas prácticamente á metade e que preocupan ós veciños das zonas máis alonxadas, veciños en xeral, pais e nais ou usuarios dos centros de saúde.

Dende a oposición, partidos como o socialista inciden en que pode ser un caos e en que se debeu consultar antes cos veciños. O BNG propuso o adiamento da medida e tamén os populares creen que xerarase un caos.