III Ourense Milla Solidaria

A Ourense Milla Urbana Solidaria 2019 recadou fondos para Cruz Vermella

Esta cita tivo lugar o pasado sábado 22 de xuño na céntrica rúa do Paseo de Ourense.

ondacero.es

Ourense | 12.07.2019 12:24 (Publicado 25.06.2019 11:22)

III Ourense Milla Solidaria
III Ourense Milla Solidaria | Periódico Barrios

Cruz Vermella foi a asociación beneficiaria da terceira edición da Ourense Milla Urbana Solidaria, organizada polo Club Deportivo Aurum coa colaboración de Onda Cero, que tivo lugar este sábado 22 de xuño na rúa do Paseo.

Os máis de 100 corredores participantes de todas as idades completaron o seu correspondente percorrido situado entre a rúa Concordia e o parque de San Lázaro. Dende un cuarto de milla que con toda a ilusión percorreron os pitufos ata as catro voltas ao circuito que sumaban os 1.609,35 metros da milla, homologado pola Federación Española de Atletismo, que lle correspondeu os máis maiores, ninguén quixo faltar a este evento deportivo solidario que deu comezo ás 6 da tarde.

Ao redor de 500 euros, procedentes de todo o recadado coas inscricións dos participantes das categorías Sub18 en adiante máis o obtido no Dorsal 0, foron doados a Cruz Vermella Ourense, que como adiantou o seu presidente, Felipe Ferreira, durante a presentación desta III Milla Urbana Solidaria será adicado a programas de axuda e atención aos colectivos máis desfavorecidos.

[[DEST:Imaxes Ourense Milla Solidaria 2019]]