Eco-Magosto

300 escolares participaron nunha campaña de limpeza dos residuos do Magosto no parque de Montealegre

Nos vindeiros anos haberá xeracións de ourensáns máis respctuosos coa súa contorna, aseguraba Jorge Pumar, concelleiro de Medio Ambiente, durante a xornada de educación ambienta.

ondacero.es

Ourense | 12.11.2019 18:00 (Publicado 12.11.2019 17:58)

Eco-Magosto
Eco-Magosto | Concello de Ourense

Ademáis do traballo de limpeza, no que avaliaron a situación na procura de solucións, os escolares aprenderon durante esta xornada nocións de reciclaxe (separar correctamente vidro, papel e outros resíduos) como plantar árbores e o funcionamento da xeotermia.

Ecovidrio cifra en 500 os quilos de vidro reciclados durante o Magosto popular do pasado luns no parque Barbaña.

300 escolares dos centros educativos de Salesianos e de Maristas visitaron esta mañá os arredores do Montealegre coa fin de limpar os restos dos efectos dos magostos. Esta actividade, enmarcada no Eco-Magosto da Concellería de Medio Ambiente, tiña a dobre finalidade de recoller o lixo no monte e servir como clasede educación ambiental. “Os nenos son o futuro da cidade”, aseguraba Jorge Pumar, responsable da área de Medio Ambiente, “estou seguro de que nos vindeiros anos haberá xeracións de ourensáns máis respectuosos coa súa contorna”, dixo.

Ademais do traballo de limpeza, no que avaliaron a situación na procura de solucións, os escolares aprenderon durante esta xornada nocións de reciclaxe -separar correctamente vidro, papel e outros residuos-, como plantar árbores e o funcionamento da xeotermia. A actividade recibiu o recoñecemento do programa Ecólatras, unha iniciativa nacional de fomento para a reciclaxe de residuos, e en particular do vidro, que fomenta accións comunitarias de reciclaxe.

A campaña do Eco-Magosto contou coa axuda de Ecovidrio -que cifra en 500 os quilos de vidro reciclados durante o Magosto popular do pasado luns, no parque do Barbaña-; da iniciativa “Separa con xeito” da Xunta de Galicia e Ecoembes; da “Cada lata conta”, programa de educación ambiental financiado pola Unión Europea; e co apoio de Ecourense para os procesos de recollida selectiva. Nos obradoiros do Montealegre con escolares participou tamén Sustinea, entidade ambiental colaboradora da acción.