Temos 3 lumes activos na provincia de Ourense. O último era declarado este domingo na localidade de Nieva, concello de Avión, e no que van ardidas 70 hectáreas.
Mantense activo o de Casaio, no Concello de Carballeda de Valdeorras e que entrou dende a provincia de León, afectando a 4.400 hectáreas.
E anque foron estabilizados os de Requeixo e Parafita en Chandrexa de Queixa, permañece activo o de Mormentelos en Vilariño de Conso, que afecta a varios concellos do macizo central e no que van ardidas 19 mil hectáreas.
Estabilizados están o de Seadur-Larouco, que afectou a varios concellos valdeorreses, e onde arderon 30 mil hectáreas; o de A Granxa entre Oimbra e Xinzo de Limia afectando a concellos do Val de Monterrei con 17 mil hectáreas ardidas.
O de Esculqueira en A Mezquita, con 10 mil hectáreas. O de Carballeda de Avia-Beade con 40 mil e o de Vilar de Cervos en Vilardevós, con 900.
Controlados están os de Riós, Montederramo, Maceda e Moialde en Vilardevós.

