A Sala do Civil e Penal do TSXG confirma a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense na que condenou a tres anos de cárcere a unha muller por estafar ao seu tío de 86 anos, que padecía un deterioro cognitivo de tipo vascular, ao farcerse con todos os seus aforros e ingresalo nunha residencia de anciáns, lugar onde faleceu. Ademáis, deberá abonar 43.020 euros ao fillo da vítima en concepto de responsabilidade civil.
O tribunal declara probado que a acusada aproveitou a condición do seu tío e o estado de vulnerabilidade no que se atopaba, así como do feito de que o seu único fillo vivía no estranxeiro, para levalo a vivir con ela e co seu marido cando o home, tras sufrir un síncope, saíu do hospital. Os maxistrados explican na sentenza que, durante as seguintes semanas, a investigada convenceu ao seu tío para que fora con ela ao notario e a nomeara apoderada con amplas facultades e para facela titular da súa conta corrente, de maneira que a acusada puido acceder a todos os seus cartos. Cando ao ancián concedéronlle a incapacidade, a sobriña converteuse na súa titora e ingresou ao seu tío nunha residencia de anciáns, onde a vítima faleceu.
O tribunal indica que, aínda que non hai proba directa, “é incuestionable que a partir do momento en que o acusado pasou a vivir coa súa sobriña, coa capacidade substancialmente diminuída, conforme se acreditou, prodúcese unha alteración dos patróns de actuación financeira deste . E non só polas disposicións efectuadas, senón tamén polos actos de apoderamento con amplas facultades que fai en favor da apoderada”. Tamén considera propio aclarar que o fillo da vítima tiña dificultades para contactar co seu pai durante todo ese tempo, "como se a denunciada ocultase todo o que estaba a suceder”.

