con Marta Rodríguez

Noticias Mediodía Galicia 26/11/2018

Luis Villares é o portavoz de En Marea, no Parlamento e no partido. Para unificar ambos postos, na súa persoa, tivo que tensar moito a corda. Esta fin de semana En Marea elexirá nova dirección. Luis Villares dará a batalla polo control da organización. Pero non o ten fácil. En frente terá a David Bruzos, ex deputado no Congreso. Bruzos presentan unha lista na que da cabida a Podemos, Anova e Esquerda Unida. E o que é máis importante, para Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, outorga representatividade as Mareas municipais…Esforzanse, os da confluencia, en desvincular a continuidade de Luis Villares, como portavoz parlamentario, coa elección da nova directiva. Pero o certo é que si, o xefe da oposición galega, perde o control sobre a súa propia organización difícil vai ser defender a portavocía de En Marea e manter o equilibrio no Grupo Parlamentario.

ondacero.es

|