Noticias Mediodía Galicia 08/10/2018
“Chacha para todo”. Foi o que lle chamou o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, a Carmela Silva presidenta da Deputación de Pontevedra. Hoxe toda a oposición no Parlamento de Galicia pedía a demisión ou o cese do rexedor munipal mentras a Deputación anunciaba que presentará unha querela por inxurias e posible incitación ao odio. Tocoulle hoxe ao portavoz do PPdeG na Cámara galega, Pedro Puy abordar este incendio político. Puy comedido, como sempre é, desautorizou o seu compañeiro de partido e pediu a todos os políticos que garden a linguaxe. Faltoulle decir e ata aquí podo ler.