con Marta Rodríguez

Noticias Mediodía Galicia 07/11/2018

Novamente unanimidade no Parlamento de Galicia de apoio a Alcoa. Mañá a ministra de Industria, Reyes Maroto e de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera reuniranse cos presidentes da Xunta e do Principado. Coa camiseta sobre o atril de intervencións…os cuatro grupos que conforman a Cámara respaldaban as reivindicacións do Comité de Empresa. O que piden, que se retire o ERE e que se estableza unha tarifa estable para as industrias electrointensivas. E tamén que no caso de que Alcoa non de marcha atrás, se busquen inversores para o mantemento das empresas na Coruña e Avilés. O presidente, Núñez Feijoo quere que se regule durante 5 anos unha tarifa eléctrica estable.

ondacero.es

|