Monforte na Onda 25/01/2018
Abrimos falando con Gonzalo López González de novos nichos de mercado que explora a fábrica de calzado Losal. A voceira dos ediles non adscritos, Pilar López repasa iniciativas que levan ao pleno do luns. Veciños con negocios no Barrio da Estación quéixanse da perda económica que lles ocasiona ter pechada da rúa Calvo Sotelo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, falamos do entroido Ribeirao e tamén da Festa do Cocido do Porco Celta.