Monforte na Onda 23/10/2017
Hoxe coñecemos as valoracións dos orzamentos da Xunta de Galicia que fan a deputada Julia Rodríguez (PP) e o deputado José Antonio Quiroga (PSOE). Tamén recolleremos as impresións sobre as contas do Goberno Galego do alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé, e da deputada do BNG, Olalla Rodil, así como o das voceiras e voceiros dos grupos da oposición no Concello de Monforte de Lemos, que tamén nos falarán das mocións que presentan na sesión plenaria que se celebra hoxe. Á marxe da política, o comisario Juan Mariñas infórmanos sobre cambios na cita previa para renovar o DNI e o pasaporte.