Monforte na Onda 22/11/2017
Abrimos falando do seminario que sobre turismo celebra en Monforte o Eixo Atlántico co secretario desta asociación Xoán Vázquez Mao e o deputado de turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal. Xúlio Lago, de Teatro do Atlántico, fálanos da obra de teatro que representan este xoves no multiusos. De ciberacoso conversamos con María Soriano que dirixe obradoiros sobre o tema que se imparten a escolares monfortinos. Buscamos a última hora sobre a concentración celebrada esta mañá no Hospital Comarcal conversando con Vicente Vázquez de CIG - Saúde e sobre os accesos ao Porto Seco e as previsión da Xunta para os mesmos, cóntanos a última hora a deputada do PP Julia Rodríguez.