Monforte na Onda 20/06/2018

Monforte na Onda 20/06/2018

Se queres saber como "cultivar o sentido do humor" hoxe tes unha cita na Casa da Cultura de Monforte cun especialista na materia, Fidel Delgado. Defínese como Titiripeuta e Transitólogo e hoxe entrevistámolo para que nos adiante algo da conferencia. Con Paula Vázquez Verao, deputada de En Marea por esta zona sur de Lugo, repasamos iniciativas que levan ao Parlamento para mellorar "o transporte público de toda esta zona". Con Beatriz Vila Freire delegada da Asociación de Hostalería falamos do concurso de tapas que preparan para "principiantes" e como cada mércores abrimos "Facendo Empresa" hoxe con Teresa González de Tempus. Rematamos resumindo outros asuntos da actualidade máis próxima.

ondacero.es

|