Monforte na Onda 19/02/2019

Monforte na Onda 19/02/2019

Abrimos falando da concentración que houbo esta maña no Hospital Comarcal a que se sumaron traballadores do sector das ambulancias tamén en conflicto, como nos conta un dos representantes deste sector Christian López. Con Beatriz Pérez Pereira falamos do Día Internacional do Guía de Turismo que por primeira vez contempla actos na Ribeira Sacra. Conversamos co xerente do CCU, Ángel Folgueira, que prepara para esta fin de semana Feira de Oportunidades e con Mary Fé Martínez facemos balance do Show Room celebrado en Monforte sábado e domingo. Entre outros asuntos falamos de actividades que promove o Colexio de Folgoso do Courel coa profesora Lourdes González e un alumno, Arnau Visuña.