Monforte na Onda 16/05/2018
Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a coñecer a Roberto Flammini, un italiano que aposta polo sector vitícola na Ribeira Sacra. Entrevistamos á Mª Luz Cid, presidenta dunha asociación que se ven de crear para axudar a persoas con transtornos alimenticios. Falamos co presidente da ANPA do Colexio Novo, José Manuel Rodríguez, das Olimpiadas Escolares que están organizando para mañá. O voceiro do PSOE de Pantón, Pedro Rodríguez, repasa mocións que presentan ao pleno de hoxe e entre outros asuntos falamos tamén do Plan Único da Deputación de Lugo.