Monforte na Onda 10/06/2016
Entrevistamos ao tenente alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro que se postula como candidato a deputado provincial polo partido xudicial de Lemos, ao que aspira tamén o alcalde en funcións do concello de Monforte. Co presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, falamos da exposición que sobre "Manuel Rodríguez López" inauguran en Monforte. Con Dora Fernández, directora do colexio de A Pobra do Brollón, falamos de varios programas que teñen en marcha coa biblioteca do centro como protagonista. Falamos tamén do novo disco que hoxe presenta en Monforte Marco Foxo, escoitamos que nos conta él deste novo traballo pero tamén o seu pai Xosé Lois Foxo e artistas participantes do mesmo como Lucía Pérez e Xavier Vizcaíno.