Monforte na Onda 07/09/2017
Abrimos programa falando da Queima das Fachas que hoxe terá lugar en Castelo con Manuel Fidalgo, presidente da Asociación promotora desta Festa de Interese Turístico Galego. Tamén entrevistamos a Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, que este sábado presentará unha guía sobre as igrexas románicas da Ribeira Sacra que edita a Fundación Xosé Soto de Fión. E entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos neste día, buscamos tamén a última hora sobre o roubo cometido nunha xoiería de Monforte conversando co inspector xefe da comisaría monfortina Juan Mariñas.