Monforte na Onda 07/05/2018
O 45% dos parados da zona sur de Lugo están en Monforte onde CCOO denuncia a precariedade dos contratos no sector servizos. Falamos desto co secretario de acción sindical do citado sindicato, Mario Docasar. Son noticia tamén premios para alumnos do IES Río Cabe, falamos coa profesora Carmen Morais, e para unha alumna do IES A Pinguela, niste caso danos máis datos o director deste IES, Enrique Sampil. Con Marta Villén repasamos actividades que preparan para as Xornadas de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Entre outros asuntos, atendemos tamén aos resultados do Campionato Galego de Taekwondo que se celebrou onte en Monforte.