Monforte na Onda 05/04/2018
Hoxe abrimos programa conversando con Rosana Prieto, voceira do BNG no concello de Pantón, sobre alegacións que presentaron para que o Poboado da Chaira sexa declarado BIC. Os premios do deporte do Concello de Monforte de Lemos xa teñen candidaturas e delas falamos co técnico de deportes Oscar Rodríguez. Iremos ata o Concello de A Pobra do Brollón para coñecer máis sobre o Festival de Brindo que celebran esta tarde conversando con Mónica Pinheiros, concelleira de Turismo e Eventos. Pechamos programa conversando con Alberte Montes, actor e monologuista quirogués que participa na serie de Antena 3 "Fariña".