Monforte na Onda 05/03/2018
Abrimos programa conversando coa deputada do BNG Olalla Rodil. Viaxa en tren entre Lugo e Ourense por Monforte para reivindicar "mellores servizos ferroviarios". Conversamos tamén coa presidenta da xunta de persoal do Hospital Comarcal, Teresa Fernández, sobre os motivos polos que se concentran de novo hoxe no Hospital Comarcal. Coa concelleira de cultura do Concello de Monforte de Lemos, Marina Douton, repasamos actividades que teñen organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Coa xerente de Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, Alexandra Seara, repasamos propostas para Semana Santa. E bronce en taekwondo no Campionato Nacional celebrado en Valladolid para Alex Camba de Neka Monforte, cóntanolo José María Vega. Entre outros asuntos rematamos falando do cartel e vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte que se presenta hoxe.