Segue subindo o número de infectados pola Covid en Monforte. Repasamos datos conversando con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria. O incremento de casos positivos fixo que esta fin de semana este concello entrara en máximo nivel de restricións que afectan sobre todo á hostalería. Da situación deste sector falamos con Beatriz Vila. Malestar tamén entre os propietarios dos ximnasios que teñen que permanecer pechado. Falamos con José María Vega, responsable do NEKA. E empezan as vendimas na D.O Ribeira Sacra, de xeito excpecional dua adegas estan xa metendo uva mentres o persoal do Consello Regulador empezou hoxe a facer controis de maduración. Repasamos previsións para esta campaña conversando co presidente do Consello Regulador José Manuel Rodríguez.