Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo do 04/04/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra recupera en Semana Santa o servizo de lanzadeiras que repasamos coa xerente Alexandra Seara que adianta tamén previsións de ocupación. A partir deste sábado a atención sanitaria ordinaria de toda a Comarca de Lemos queda centralizada no Centro de Saúde de Monforte de 8 a 15 h. Cambios polos que preguntamos ao coordinador do Centro de Saúde monfortino, dr. Rosendo Bugarín. Mercado na Praza de Abastos de Monforte como anticipo á Feira Medieval con desfile de traxes de época e outras actividades das que nos da conta a concelleira Gloria Prada. E aproveitando as Festas de San Lázaro en Carude, un grupo de veciños representará unha obra de Antón Valcárce que prepara Manuela Fuentes, coa que tamén conversamos hoxe, entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.