Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 17/06/2022

Programa completo do 17/06/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 17.06.2022 14:32

Abrimos programa conversando coa voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto Florines, repasa iniciativas que levaran ao próximo pleno. As treboadas das últimas xornadas apenas deixaron auga nesta zona sur de Lugo, pero si fortes refachos de vento. A zona norte do Saviñao, foi das máis afectadas, os operarios municipais levan retirado máis de medio cento de árbores. Repasamos esta e outras novas do concello de O Saviñao, conversando co alcalde Carlos Armesto, que confirma tamén actuación de David Bustamante nas Festas Patronais de Escairón. Conversamos tamén co pintor Suso Talento que hoxe inaugura exposición na Casa da Cultura de Monforte. Falamos do Master de Ciclismo que acolle o domingo Monforte con José Ramón Caamaño, membro da organización. E AMAFER prepara actividades para a próxima semana que repasamos con Fermín Avellaneda, presidente da citada Asociación.