Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 06/06/2023

Programa completo do 06/06/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 06.06.2023 14:33 (Publicado 06.06.2023 14:29)

Abrimos co espazo adicado ó sector vitícola e repasamos novas do mesmo co técnico Alfonso Losada, o adegueiro Pablo González e escoitamos tamén ao presidente da D.O. Antonio Lombardía. Con Ángel Folgueira, xerente do CCU, repasamos actividades que ten en marcha esta Asociación de Comerciantes. Máis dun cento de alumnos de Monforte empezaron hoxe as probas de acceso á Universidade. O Instituto que máis alumnos mandou foi o IES A Pinguela e falamos co seu director Enrique Sampil. Os bombeiros dos Parques Comarcais, entre eles o de Monforte, anuncian folga indefinida a partir deste venres. Un conflicto laboral que repasamos con Juan Vila, representante dos traballadores do parque monfortino. Entre outros asuntos, falamos tamén do Club de Fútbol Calasancio. Facemos balance da temporada co presidente Juan Carlos Díaz.