Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 11/01/2021

Programa completo 11/01/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 11.01.2021 14:09

A pandemia non permitirá celebrar a Feira do Viño de Amandi así que desde o concello coa colaboración dos adegueiros buscará novas fórmulas para este evento. Falamos desto co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián co que repasamos tamén as contas municipais para este 2021. Conversamos tamén con José Pino Vázquez, profesor de Informática do IES A Pinguela terceiro mellor docente de España de Formación Profesional no ránking que elabora Mundo Educa, premios considerados os Goya do ensino. O Valedor do Pobo Europeo admite a trámite as demandas da ANPA do Courel respecto ao transporte escolar a petición de Courel Vivo, falamos co voceiro deste colectivo Oscar Carrete. E cunha representante da asociación de pais e nais, Sonia Vila, buscamos a última hora sobre as novas mobilizacións que puxeron en marcha onte. Son, entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.