Con Manola Porto

Más de Uno Monforte 05/06/2023

Programa completo do 05/06/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 05.06.2023 14:21

Aínda con restos de pedrazo nas hortas espertaban esta maña os veciños de Bóveda, na zona máis afectada pola tormenta, con saraiba acumulada de ata un metro de altura. Buscamos a última hora conversando co alcalde José Manuel Arias. Iniciada a temporada de baño do Club Fluvial de Monforte onde habilitaron unha piscina calefactada e de auga salada. Repasamos estas e outras novidades conversando con Jaime Vázquez, presidente da entidade. O mes de maio rematou na Ribeira Sacra cunha ocupación media do 46% aínda que nalgúns casos chegou ao 80%. Datos feitos públicos polo Consorcio Turístico que prepara novas actividades das que falamos coa xerente, Alexandra Seara. CCOO é o sindicato que máis delegados está a conseguir nas eleccións sindicais que se celebran nas empresas da zona. Proceso que repasamos con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO, que fai tamén balance dos datos do paro do mes de maio. Entre outros asuntos falamos tamén das festas do barrio de San Antonio que empezan este sábado no popular barrio monfortino.