MÁS DE UNO MONFORTE 23/10/2019
Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" a Xeados Santorini e conversamos coa artesá elaboradora Carmen Castro. Coa directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, falamos das Xornadas que sobre o románico no Camiño de Inverno celebrarán en Monforte en novembro. O técnico Ángel López do ISSGA en Ourense repasa medidas preventivas a adoptar ante as velutinas. Entre outras cousas falamos tamén de catas de aceite que vai celebrar o GDR Ribeira Sacra - Courel a partir de maña, co xerente do grupo Martín Alemparte.