Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/10/2020

O voceiro do PSOE de O Saviñao, Celestino Rodríguez alerta sobre a posibilidade de que se suprima un médico no Centro de Saúde de Escairón e pide un pleno extraordinario para falar desto e da falta de persoal no Centro de Saúde de Currelos. Esperta Monforte pedirá no pleno de hoxe que o alcalde convoque reunión do Consello Municipal de Saúde, explica os motivos e outras iniciativas que este grupo leva a pleno, o voceiro Germán Vázquez. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima conversamos tamén coa tenente de alcalde Gloria Prada.

ondacero.es

|