Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/08/2020

Abrimos programa coa última hora sobre o gromo da covid de Monforte, conversamos co xerente da Área Sanitaria Ramón Ares. Recollemos tamén a valoración do alcalde de Monforte José Tomé Roca. E algúns establecementos de hostalería decidiron pechar as súas portas, repasamos a situación dos mesmos coa delegada da Asociación Beatriz Vila. Preocupación en O Incio tras aparecer 65 residentes positivos e catro traballadores, ademáis da que xa dera onte. Falamos co alcalde do citado concello, Héctor Corujo. Entre outras cousas conversamos tamén co alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez, onde tamén pechou algún establecemento de hostalería afectado polo gromo de Monforte.

ondacero.es

|